lunes, 15 de marzo de 2010
I Travesia do Xalo
Temos o pracer de presentar a primeira edición da Travesía do Xalo, un evento deportivo / festivo que esperamos poder realizar durante moitos anos.
A carreira celebrarase o día 18 de abril de 2010 e a hora de saída será as 10:00 da mañá dende a pista cuberta de Castelo.
A recollida de dorsais vai ser en Casa Rodríguez (a 200 m da saída) o mesmo día da carreira. Confirmarase a hora máis adiante.
O evento constará de dúas modalidades:
1. Carreira de 21,5 km con 993 m de desnivel por un percorrido técnico nos arredores do Xalo que levarán a descubrir preciosos lugares descoñecidos para todos.
2. Andaina de 12,3 km dirixida a xente pouco competitiva ou que simplemente desexa disfrutar dunhas horas nun fermoso contorno natural.
As inscricions realizaranse de maneira online a través da web.
TELEFONOS DE CONTACTO
651 587 172
697 513 997
CORREOS DE CONTACTO
calinvs@gmail.com Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
contacto@castelodeporte.org
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario