sábado, 27 de marzo de 2010

Audiovisual “Karakórum 2009, un vigués a 8000 metros”



Participar nunha expedición ás montañas máis altas da Terra, é un soño de moitos alpinistas. Despois de moitas viaxes montañeiras, o pasado ano o vigués Sechu López decidiu ir ao Karakórum.

Esta afamada cordilleira asiática na que se atopan cinco das 14 montañas de oitoimil metros, para intentar ascender a “dúas” delas, os Gasherbrum I e II, nome suxerinte pois significa “montaña luminosa”.

Tivo en conta unha reflexión de Séneca: “Non nos falta valor para emprender certas cousas, porque son difíciles, senón que son difíciles porque nos falta valor para emprendelas.”

A expedición durou case dous meses do verán 2009 e transcorreu integramente en Paquistán. Sechu tamén é un gran afeccionado á fotografía e nesta viaxe realizou máis de 4000 fotos, das que nos mostrará unha boa selección, coa que pretende trasladar ao público a fermosos paraxes e facelo partícipe da súa apaixonante aventura.

Tras sufrir adversidades como a morte dun compañeiro de expedición ou quedar a só 209 metros do cumio do Gasherbrum I, todo o mundo cría que regresaría a casa. Pero este tenaz montañeiro superou os momentos difíciles e apurando os últimos días de expedición, demostrou unha gran capacidade de sacrificio e perseveranza ao loitar ata conseguir o seu primeiro oitomil, que sería o Gasherbrum II (8.035 m), cumio que tan só el e outro alpinista acadaron na pasada temporada, ambos, para máis mérito, en solitario.

Auditorio do Centro Social Caixanova. Policarpo Sanz, 26, 2º. Vigo
Venres 23 de abril de 2010, 20.00 horas

Presenta: Fernando Fernández Rei, Presidente de Club Montañeiros Celtas
Colaboran: Caixanova e Fundación VIDE
Organizan: Club Faro de Vigo – Club Montañeiros Celtas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total